Minar, é unha curtametraxe-documentario, sobre as consecuencias da proxectada explotación mineira, por parte da empresa de capital anglo-sudafricano "Picobello Andalucita SL", n'As Pontes, no lugar d'O Pico Vello.
"Minar"
-v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco-
Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita n'O Pico Vello.
Un documentario realizado por: Nuria Fernández Brage, Begoña Maira Benitez, Elena Carquijero López, Lucas Rei Seoane, Iago Montes Martínez, Teresa Sebio Puñal, Braulio Rodríguez Zas, Estefanía Doce Fernández, Amador Ferreiro Álvarez, Fernando Ocampo Montesinos e Luis Filgueira Painceiras.
Coordenado por: Adriana Leira - Editado por: ACSUR - Galiza e coa colaboración de: Fuco Buxán A.C.
minar
-v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco-
Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita n'O Pico Vello
O Pico Vello, é un lugar da parroquia de Goente, no Concello d'As Pontes, colindante coas Fragas do Eume, onde unha empresa mineira de capital anglo-sudafricano co nome Picobello Andalucita SL, pretende a explotación, dun xacemento de andalucita que está no subsolo da zona. Lugar de grande biodiversidade e un incalculábel valor natural e ecolóxico, onde nace, entre outras, unha das fontes do Río Belelle, hai un bosque de especies autóctonas e outras riquezas naturais dun valor que non ten prezo.
Este Blogue pretende ser unha pequena ferramenta de traballo, para a defensa do lugar d'O Pico Vello, das gadoupas da empresa mineira que pretende conseguir a autorización administrativa para explotar o xacemento de andalucita que hai no lugar.
Desde este Blogue queremos contribuir a conseguir a declaración para a zona de Espazo Natural Protexido ou que esta se inclua no Parque Natural das Fragas do Eume. Parte da zona, pretendida pola explotación mineira, xa está incluída na Proposta de Ampliación da Rede Natura.
Contacto: picovello@gmail.com
Blogue: http://picovello.blogspot.com/

Assinar:
Postagens (Atom)